// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

sábado, septiembre 30, 2006

Oh, la bohème

Antes de que comece a botar o clásico rollo sabeliano que nin vos vai nin vos vén, quero ofrecerlle ao amigo Captain Ross unha ovación, tres xenuflexións e dúas olas por colgar o grandioso vídeo dos créditos finais de Songoku, ademais, en galego, coma o aprendimos todas as da clase en 5º de EXB para cantala nos recreos. Graciñas e a seguir emocionándonos ;)


Ben... Imos ás novidades...

Non sei se comezar contando todo o que durmín, todo o que dixen que ía facer e non fixen ou a fiebre que tiven ontes e que impediu a noite das caipiriñas. O caso é que unha pensa que tras case unha semana sen actualizar debería ter algo que contar, pero, sorprendentemente, non é así.

Facer, o que se di facer, non fixen chispa, iso si, comecei unha organización mental e axendil digna do PDA máis sofisticado e da asistente persoal máis competente. Escribín o que teño que facer na miña axenda (moleskine querida). O mesmo en varios días, claro, porque como non fixen nada tiven que pospoñelo todo. E cheguei á conlusión definitiva que podería solucionar todos os meus estreses de querer facer-facer-facer e ver que non faigo-non faigo- non faigo:

Voume dedicar á vida bohemia
Oh, là, là, mes petits! Mais oui! La bohème!
Ou algo parecido.
Si.
Decidín que me vou dedicar ao arte puro e duro. Varias horas ao día, incluso. Estou vendo que necesito cubrir un número de horas equivalente a unha xornada de traballo facendo algo que poida ter unha certa productividade para evitar a hiperactividade, o exceso de cafeína e as idas de olla varias, para que os momentos de ocio e as fins de semana teñan sentido e para non caer na honguedade perpetua, que é unha espiral moito peor que a espiral de perdición.
Qué mellor que sacar adiante proxectos inacabados!! Non quita que vaia mandar CVs varios para, esperemos, algún día, ter un traballo deses que proporcionan ingresos (a ver se cotizando, dunha vez, no canto de engrosando as listas de becarios-precarios españois).
Así que, mentres tanto, penso deixar os dedos no teclado e cheirar a augarrás todos os días. Ata que se me seque a lentilla e se pegue ao ollo ou ata que me caian os brazos. Pero con moitas ganas, iso si.
Como todo bon plan, comeza o luns.
Hoxe chámame o sofá e, se cadra, os Sims, a ver se aprendo a xogar dunha vez.

Boas noites... ou Лека нощ!, seica



art is why i get up in the morning
but my definition ends there
you know, it doesn't seem fair
that i'm living for something
i can't even define

out of habit -- ani difranco

And true, it may seem like a stretch,
but it's thoughts like this that catch
my troubled head when you're away,
when I am missing you to death

such great heights -- the postal service

_________________
*Para quen queira entender todo isto un pouquiño máis... Non é perfecto, pero traduce :) (Click!)

domingo, septiembre 24, 2006

A Outra

Ela estaba por alí antes de que chegara eu.
Por suposto que a miña intención non era botala, nin moito menos. Nin ocupar o seu lugar, claro que, se cadra, ela debería ter máis claro cal é o seu lugar e deixar un pouquiño para os máis.
Qué culpa lle teño eu se se pon toda posesiva, veña a queixarse e queixarse cando estaba eu para que el lle fixera caso. Dábanme ganas de explicarlle que eu só estaba alí de paso, uns días, que hai para as dúas, vaia, pero pasaba de mín.
E o resto tampouco intentaban poñerlle amaño á cousa, facerlle entrar en razón, dáballes a risa co bon do conflito, con que entrase no cuarto queixarse e o perseguise dun lado a outro.
Eu intentei manter as distancias, claro está, pero quero deixar ben claro que a respectei en todo momento. Intentei ser riquiña, en serio.
El dixo que se cadra nos teriamos que pelexar para aclarar as cousas, para que quedara só unha... Moi gracioso, a verdade, pero, pensado friamente, teño as de perder... Coa alerxia que me dá o pelo de gato, ten a partida gañada. E sábeo.

De todos xeitos só estiven no seu territorio uns días. Agora xa debeu quedar tranquila mentres eu, coma o outono, me vin ontes para a capital. Beluka in Mandril. Yeah, baby.

Por ser, a semana pasada foi algo estrés, con tanta despedida en Vigo, tanta melancolía xunta (si, outra vez, que pasa?), pensando en ter só un día para desfacer a maleta e volver facela, perder outros tres Trivials máis (me fustiguen, por favor), máis despedidas familiares, ir a Santiago o venres e erguerme ás 5 da mañá o sábado para coller o vuelo das 7:30. Só con pensalo xa me daba por comer as uñas ata o codo.

Pero agora xa estou aquí. Xa poido acougar e comezar a buscar cousas que facer para encher os días antes de tolear. E a buscar onde vivir. E ver como sae esa entrevista...
É todo emoción e novidade, nova etapa e novas sensacións... Máis un pouco de Mellon Collie pero sen Infinite Sadness ;)


[Hoxe hai varias músicas...]

Sun is in the sky
Oh why, oh why
would I wanna be anywhere else?
LDN -- Lily Allen

Zu deinen Füssen red ich mich
Um Kopf und Kragen
Ich will in deine tiefen Wasser
Große Wellen schlagen
Nur ein Wort -- Wir Sind Helden

and i realized that night
that the hall light,
which seemed so bright when you turned it on,
is nothing
compared to the dawn
which is nothing
compared to the light
which seeps from you while you're sleeping,
cocooned in my room
beautiful and grotesque, resting
Pulse -- Ani Difranco

miércoles, septiembre 13, 2006

Beluka e os corpos rosados

Hoxe non din.
E quería.
Pero prometo deixar algo
para as paredes familiares
antes de marchar.
Ese non.
Ese é para unha princesa.
Some times we forget what we got
And who we are and who we are not
I think we got a chance to make it right
Keep it loose
Keep it tight
Keep it tight
Keep it loose, keep it tight -- Amos Lee

No me arrepiento

Todo ten a súa explicación.
Lembrades aquel verán de 2006 no que a web de Jason Mraz ofreceu estupendos premios para unha montaxe feita co seu video Geek In The Pink??

Seguro que non.

O caso é que había que mandar fragmentos de video que se mesturaban co videoclip orixinal cargándoos na páxina do devandito artista. Despois de cabezazos mil contra o portátil e innumerables intentos, non conseguín colgar a nosa obra.

Por iso, xa que me deu que facer cortar os cachiños de video e para lembrar o ben que o pasamos, déixovos botarlle unha ollada á grande carallada.




Curiosidades? Si, a que fai o robot de xeito recurrente son eu. E non me arrepinto. Non teño vergonza.

Teríamos gañado, fijo... qué arte!

A banda sonora queda clara, non?

domingo, septiembre 10, 2006

Herodes era un incomprendido

Hoxe estou un chisco atormentada.

É o que pasa cando, no canto do despertador (que xuro que non soou), te espertan os berros dos nenos do colexio, que máis que no recreo xuraría que estaban no potro de torturas. Había unha nena en concreto á que lle deberon quitar a pel a tiras. E era unha... naide máis pode pegar semellantes alaridos, a menos que sexa unha arpía ou unha serea fóra da auga (dentro seica cantan).

Mañá espero estar fóra da cama antes do recreo ou corro o risco de recurrir á automutilación e perforarme os tímpanos cun pilot para non oír aos tenros infantes. Por qué carallo vivirán meus pais enfrente do colexio...

Ademais, se esperto abondo cedo ata poido ver El Gran Héroe Americano, que descubrín que o botan ás 8 da mañá (problema de insomnio do domingo). Cousa máis kitsch (hortera, para os profanos) na vida vira... Sálese. Mirade se non o careto que ten na foto... A que dá ganas de madrugar?

Cambiando de tercio, pero sen deixar de fascinarme pola expresión facial do meu novo heroe, quero salientar que gañei un Trivial. Unha de oito, pero unha, á fin e ao cabo. Unha pequena recuperación da honra perdida, mancillada, incluso, a semana pasada.

Esta semana baixarei ao Muíño con ánimos renovados e disposta a igualar o marcador. Beluka é o único animal que tropeza oitocentas veces na mesma pedra (porque son unha zoupona) e encima non aprende. Pois non.

Sempre me queda pensar que noutras actividades lúdico-festivas non me vai tan mal.
Os máis listiños xa adiviñastes que me refiro ao paisaniño da foto, o meu querido, amado e incomprendido Príncipe de Persia. Digo incomprendido porque lle andan botando a culpa da movida das areas e eso fora un instigador que lle fixo liberalas. Ademais, estalle poñendo remedio, jobá. Neste de ahora vai ver se amaña todo, porque se non mátao o Dahaka.
Sinceramente, dudo que o mate, porque aínda hai despois o das Dúas Coroas... Claro que se depende da miña destreza, vai listo o príncipe...

En fin... desculpade o episodio friki... É o meu Geek Within que en ocasións me absorbe.

Falando de geeks... Aínda a risco de ser condeada a morte polas outras protagonistas do vídeo, estou preparando a montaxe do inacabado "Geek in the pink" , que non dera colgado a tempo para o concurso, pero que sempre ha ter o seu aquel.
Déixovos tempo para prepararvos psicolóxicamente... Falta vos vai facer, crédeme.

Anda... É posible escribir un post enteiro hoxe sen mencionar o 11-S? Déixollo á deusa Ani (click!). Eu hoxe simplemente me alegro porque por fin choveu.


on the day that america
fell to its knees
after strutting around for a century
without saying thank you
or please

self-evident -- Ani Difranco


I walked the streets before I ever knew your name
And now since you've been here they never look the same
I was born without you
I was born without you

I was born without you
Why can't I live without you now?

I was born without you -- Tracy Bonham

viernes, septiembre 08, 2006

Ela tiña unha historia detrás


Lembro que foi en Madrid, na mesa do salón da casa de meus tíos, un día caluroso.
As follas que escribín dinme, nunha estraña e case ilexible caligrafía, que era o 12 de setembro de 1997.
A historia non me encanta, pero a imaxe da muller, un mísero e minúsculo boceto nunha cuartilla a cadros, case me pedía que a reinventase e lle dera importancia.

Eu intenteino. E de paso reinventeille a historia, nove anos despois.

Mírame.
Non hai outra no museo. Mira cun ollo porque co outro durme.
Mira e namora.
Pel de neve, branca, suave e perfecta. Formas de montañas.
É a miña serea.
A miña serea que fai sinais na noite co seu ollo de faro.
Os barcos dos seus beizos ameazan bicar.
Bícame.
Bícame como me miras.
Ela bícame con todo o corpo. Mesmo as costas, reflectidas no espello, me bican. Nádegas de meniños que ten dentro.

Shhhhh.
Ela escoita. Goza do silenzo.
O cabelo non é loiro. Non é moreno.
O cabelo é de outono coma a súa pel é de inverno.
Busco o verán e a primavera.
Onde está a primavera?
Os ollos son o verán, son o mar, azul e verde e grande que nas pupilas se fai pozo, un pozo profundo para submarinos e peixes.
Eu non teño un submarino pero podo ser un peixe.
Déixasme ser un peixe?

Podo tocala. No meu maxín podo tocala e é de seda.
É coma regalicia recuberta de seda. Si.
É doce, é amarga, é pegañenta e eu estou pegado a ela.

Ela mírame.
Non hai outro cavilador no museo.
Mírame cun ollo.
Co outro chora.

_________________

Asineina pero poida que non a terminara. Penso en borrar o espello e deixar un fondo liso, se cadra de espirais da atmósfera que a rodea, pero todo coa mesma cor... Acéptanse suxestións e ideas.

Aínda me queda un lenzo en branco. Para mañá :)

E hoxe... máis Trivial?? A ver se gaño algunha (grrrr)

Shot down
-it's just such a shame.
I bet you feel no pain.
Mercy!
Shot down
-it's just such a shame.
I'm losing at this game.
No fair! Why don't you seem to care?
Oh! Oh Goddamnit! I think I've lost it!
Oh God! Goddamnit, I think I've lost you!

Oh Goddamnit -- Hot Hot Heat

miércoles, septiembre 06, 2006

A tola dos pinceis presenta...

O primeiro momento pincel destas vacacións.
Ao segundo quédanlle un par de tardes de augarrás
e dedos verdes.
you keep imagining
that pretty soon you will just disappear
and thinking that one thing
is what saves you from
your fear of being here
you're here for now
here for now
here for now -- ani difranco

martes, septiembre 05, 2006

Polo menos hai un xamón


Esta vez non me vou desculpar por non escribir.

Só faltaría, tendo en conta o meu estado.

melancolía. 1. f. Tristeza vaga, profunda, sosegada y permanente, nacida de causas físicas o morales, que hace que no encuentre quien la padece gusto ni diversión en nada. (Home… en nada, nada… tampouco)
2. f. Med. Monomanía en que dominan las afecciones morales tristes. (Ein?)
3. f. ant. Bilis negra o atrabilis. (Quéee???)

Non sei se dou algo de pena con iso, pero tampouco debería darvos moita. Certo que me pon tristiña e melancólica irme de Vigo despois de 7 anos (que se dicen rápido!), pero non marcho á guerra, precisamente. Por se alguén perdeu ese dato, marcho a Madrid facer un Máster (aforrade as coñas con “del Universo”, “de Augusta” ou “& Commander”, seimas todas), e ben contenta que vou.

Pero ese é o problema! A grande dicotomía entusiasmo-tristeza, nostalxia-emoción que me ten máis estresada e hiperactiva que a rana Gustavo de tripi. Inda por riba, non é que teña unha grande lista de actividades para matar o tempo en Cervo (que tampouco e Disneylandia) e como roia unha uña de aburrimento hei comer ata o codo.

O caso é que o 31 de agosto foi o meu super-último-día. Último día no traballo e último día no piso. Día de carga e mudanza. Sorprendentemente, din metido todo no coche. Cómpre salientar que “todo” eran moitísimas cousas e que o “coche” é un Fiat Punto, que por moito que eu lle chame a Furia Branca iso non aumenta a súa capacidade. Só quedaron en Vigo a tele e a silla. Aplaudide a proeza/loita contra as leis do espazo, por favor.
Coma se dunha película estilo Thelma & Louise se tratara, sentei ao volante da furia e emprendín a viaxe. Sen Louise, claro. Ou sen Thelma (Non sei cal era cal, pero quedo con Susan Sarandon que me cae mellor e está casada con Tim Robbins). Tardei como 3 km en soltar a lagrimilla, aló por Rande, ao pasar baixo as estruturas metálicas que semellaban portas. Para máis inri, non puidera lavar as mans trala mudanza e parecía un Joe, así que a cada bágoa que enxugaba coa mao creaba un sulco negruzco na cara.
Sequei bágoas, respirei fondo e seguín, en modo Roadtrip, cantando a berros coa miña pouco dulce voz. Foi emocionante tirar do Escapology de Robbie Williams, por aquelo de que fora o cd estrela dunha pseudo-roadtrip de miña irmá e miña á capital do reino hai uns anos. Iso si, aló por Abadín caín de novo. Esta vez hipando e saloucando e todo, notando como se me inchaban as pálpebras, pero sorrindo ao mesmo tempo. Qué carallo, se choro é porque eses 7 anos foron cojonudos.

E pa’ o pueblo.

A tomar Estrellas nun Muíño-Pub de máis de 400 anos, baixo a ollada de San Pascual Bailón.

A botarme a perder andando ou movéndome cero patatero e cortando xamón a todas horas (iso si que non cho tiña eu en Vigo…).

A matar o tempo reencontrándome cos pinceis… ou máis ben convertíndome na Tola dos Pinceis… Vou polo segundo cuadro en catro días, cheiro a augarrás e teño os dedos verdes… Encántame!!

A mandar currículums e a buscar piso… que de algo e nalgures haberá que vivir en Madrid.

A ganarlle un Trivial ao Alberto… a ver se desta vai. Que me vaian abrindo unha Estrelliña fría para acender a neurona que chego ao Muíño en 0.2.

Bicos, nenos e nenas, dende a emocionante dicotomía da melancolía e a expectación.



I'm a victim of my imagination
These walls are talking but
I'm hallucinating

Exhausted – Joseph Arthur

Could it be I like you?
It’s so shameful of me, I like you
You’re not right in the head and nor am I
And this is why I like you

I like you – Morrissey