// we don't look / like pages from a magazine / but that's all right // let's do it all imperfectly //

lunes, febrero 27, 2006

Si esto es un día libre...


... eso era unha siesta!

Jejejejejeje.

O Iago dice que é que non sei que facer cos días libres... Eu penso que o malo é querer facer de máis e erguerme cedo, e logo non facer abondo pero ter soniño despois de comer. Ademais, a programación televisiva non axuda nadiña.

Nota mental: baleirar lavadora.

Pero xa me vai case aló, se me descuido, o bon do día libre e mañá é día de garabullos. Non teño clase, pero a ORI non pecha por nada do mundo, parece. Aínda así, sempre senta ben non erguerse cedo un luns. Para mín, sobre todo o luns, que ten ese toque de cruel psicoloxía de que sabes que é luns e que vai ser duro dende que te ergues o domingo.

Nota mental (2): fregar o que hai no fregadero... que é de ontes.

Esta fin de semana foi antroido e xa había tempo que non me antroidaba eu. Home, como se aprecia no documento gráfico, non é que tivera eu material como para facer marabillas, pero non me quedou mal o apaño punkarrilla. Os mosqueteiros e o D'Artagnan son Fran, Junior, Michi e Stefan. Os homes-cu son tamén alemáns, e sei que un se chama Jan... Síntoo, non lembro o nome do outro.

Saímos así o sábado. Aínda que había festa polaca (moi coñecidas), eu quedei con May e Dani, que xa había tempo que non as vía. Logo reencontrámonos todos (mesmo co Rouf repartindo piruletas! Sigo sen saber de qué iba antroidado) e a festa durou ata as 7 e algo, con bocata en Ecos incluído, claro. Volvo ás andadas e ben que o pasei!

Nota mental (3): recoller habitación.

Logo un merecido descanso o domingo e agora... a currar toca!

Primeiro voume despedir de Paula que deixa o videoclub para cuidar de Sara full-time cando naza. Voule dar un chucho ahora pero deixo outro polo hiperespazo adiante.

Fago pulular outros chuchos para vós.

Ata pronto.

viernes, febrero 24, 2006

Unhas veces por pouco… outras por moito


O outro día, un dos moitos nos que pensei que a ver cando escribía algo por aquí, ocorréuseme como comezar a entrada. E estaba ben a fraseciña. Pero como teño memoria de peixe (do peixe máis parvo que poida haber) non me lembro. Así que vai ir así porque tampouco teño tempo de pensarmo máis.

Al grano (to the grain, jejejeje), que Pedro xa se me anda queixando…

A longa viaxe

Nunca mellor dito. Foi esa fin de semana que iba á casa, en principio, como contaba, en autobús (perdón, autobuses… chegar a Cervo é toda unha aventura). Ao final coincideume chamar dende a oficina a unha rapaza de Burela que iba á casa e díxome que fora con ela, aínda que tiña que ir por Ourense primeiro. E fun, por que no.
Fóronse xuntar a fame coas ganas de comer, certamente. Eu non apuntei o seu número e ela perdeu o meu… pero tras varias chamadas en cadena localizouno, chamoume e saímos de Vigo ás 16:30.
Chegamos a Carballiño, onde tiña que parar ela sobre as 6 e algo… Iso si, despois de pasarnos a saída de Ourense e darnos conta case en Portugal e despois de pasarnos o Carballiño e ter volver pa’ atrás. Pero chegamos. Eu esperei por alí tomando algo. Haiche unha iglesia ben xeitosa, por certo. E acabamos saíndo de alí como ás 7 e media… por Ourense. A odisea para encontrar as saídas axeitadas tanto en Ourense como en Lugo non a conto, pero risas mil, a pesar de chegar á casa ás 11 da noite, revivindo o clásico Vértigo que nos acompañou aló polos 90. Iria e David chegaron antes de Madrid ca mín de Vigo… pero estiven no Carballiño que nunca estivera, que carallo.

A finde estivo ben, relaxada. Longos paseos e carreiras pola praia con Kira, Iria e David (só 1 deles é unha cadela), algunhas cañiñas, como non, e coñecer a Tombo, o peluchiño da foto que resulta ser un can de verdade a pesar de que non o pareza.

“Hey, I’m so nervous… I might throw up!”

A frase medio pláxioa de Chandler en Friends… pero é que me pasou pola cabeza varias veces o martes pasado.
Aló fun eu, tan contenta, como tantos outros días, ao rectorado (ui, perdón, reitoría) a que me rexistrasen convocatorias. Chamei á oficina dende rexistro e a miña compañeira, Sonia, comentoume que chamaran do departamento (de tradución e lingüística, se entende) para ofrecerme dar clase.

Estrés. Chao al rollito Zen.Taquicardia e shock anafiláctico.

Hiperventilando cual deportista de élite volvín á oficina e chamei ao respectivo funcionario, que moi amablemente me dixo que se quería dar clase na facultade, substituíndo a Lugrís (Introdución á Tradución, Inglés>Galego, de 1º de Tradución e Interpretación). Así. Coma quen frega. Que si quero? Si, joder.

Paso 1: comprobar compatibilidade coa beca da ORI. Estado: compatible.

Paso 2: comprobar dispoñibilidade horaria. Clase: Luns e Martes de 11 a 13. Traballo: de Luns a Venres de 9 a 14. Estado: compatibilidade supeditada á recuperación de horas. Novo horario de traballo: de 8 a 14.

Paso 3: chamar ao departamento e decir que onde teño que firmar.

Ao saír do curro procedín a achegarme ata a facultade, ao departamento, non sen antes chamar a Iria para compartir emocións varias. No departamento entreguei un CV e pedíronme unha ficha de perceptores. Estupendo.

Que máis?
Ah, si, empezas o luns.

Hiperventilando outra vez pregunteille se me podía dar un programiña da asignatura ou algo e aí quedou a cousa. Logo recibín algo máis de información por parte de outras fontes e resultou que non teño despacho nin titorías pero si unhas cantas fotocopias (con mi tarjetita y todo).

Supoñíase que ese día empezaba en aerobox... pero se xa me parecía que ía vomitar sen dar saltos aeróbicos, como pa' ir. Eeeergooooo... non fun. Á clase de alemán, tamén primeiro día, si que tiña pensado ir, pero o Centro de Linguas xogoume unha mala pasada. Cando chamara dixéronme que era na aula A16. E aló fun eu, en Filoloxía e Tradución, ao pavillón A, buscar a aula 16. Que non existe, por certo. O conserxe informoume de que non era a primeira vez que pasaba isto e moi amablemente chamou para saber onde era. E era (e é) no edificio de ampliación de Minas. Que queda a tomar por saco cando a clase empeza ás 4, son as 4:25 e non queres andar. Así que esa empeceina o xoves. E sehr gut, a verdade. A aerobox aínda non fun... non por medo, senón por dardos, cafés e perezas varias.


“¡Eh! ¡Hay una tía ahí sentada!”

Esta foi unha alumna moi perspicaz. Ou a primeira cabeza, como lle chamo eu.
Porque, como dixo o rapaz do departamento, empecei o luns.
Bueno, o luns soltei o clásico rollo obxectivos-metodoloxía-avaliación e deilles traballo (todo na miña páxina web… me lo estoy curraaaando) pa’ o día seguinte. Seguindo os consellos de Sandra, cheguei eu antes (según ela, “si tropiezas, es mejor tropezar antes de que te vea nadie”). Coloqueime, remexinme e de alí a un anaco apareceu a primeira cabeza no marco da porta. Tan rápido como aparecera, retirouse e dixo “¡Eh! ¡Hay una tía ahí sentada!”. Marabillada pola capacidade de observación da individua en cuestión, fiquei onde estaba. E apareceu a segunda cabeza que en só uns segundos comprobou que, efectivamente, había unha tía alí sentada (i.e. eu). A terceira aparición foi un corpo enteiro e pedinlle que animara ao resto de cabezas e corpos a entraren. Super debut de mobilización de masas.

O día seguinte corriximos un pouquiño o texto e deilles “teoría” (entrecomílloo porque non era teoría pura e dura coñazo desa de “a tradución empezou en mesopotamia e blah blah blah”) e a verdade é que me costou un pouco encher as dúas horas, ou máis ben a primeira hora. Teño que estar preparada para a seguinte, pero xa me chegaron (ao segundo intento) os apuntes de Lugrís de primeiro e penso que algo podo sacar de aí. Moitas ideas polo menos.

Fáiseme raro ver os apuntes e pensar que xa teñen 7 anos. Cos seus debuxiños de cando me aburría… Coas follas que faltan de cando non ía á clase… Con como catro tipos de letra diferente, uns máis comprensibles ca outros… E pensar en que as miñas alumnas (son maioría, éche o que hai) naceron aló polo 87 ou 88 e están na universidade! Si parece que eu empecei a carreira ontes… Supoño que é coma o trauma dalgúns amigos que se preguntan como pode alguén ser do 81 (“¡si ni te acordarás de Naranjito!”) sen ser “pequeno” e estar no instituto.

Pero as cousas non cambian moito. O comportamento das novas xeracións vén sendo coma o noso. Están os que sentan ao fondo e cando lles interesa algo erguen a cabeza por riba do resto coma saltando, os do medio para atrás, agochados para atender só o necesario e indispensable e que non se vexa que están facendo outra cousa, os do medio para adiante que te miran raro e os de diante de todo que están superdereitos e te miran máis aínda, asentindo ao que dis. Claro que agora o vexo dende a fronte, sen Fer nin Rouf nin Paula aos lados para xogar a algo ou facer comentarios sobre a xente, sen poder non ir á clase para botar unha pocha ou xogar ao pingpong. Pero está ben, está ben… Imos avanzando e penso que non se me ha dar mal de todo. Seguindo o exemplo do gran Lugrís que esperemos se recupere pronto, a pesar de que iso signifique que se me acaba o choio que, por certo, me gusta e moito.

Supoño que podo cambiar de opinión nas vindeiras clases, todo se andará. Agora queda preparar ben todo e o bon é que teño tempo (carnaval, carnavaaaaaaaal)… Teño días, enténdese, porque o que é tempo… ese teño que repartilo ben, para acabar dunha vez co manual, darlle un gran empuxón ao DEA e que non se me xunte todo coma o ano pasado. Polo menos aprendín a dicir que non a máis traballos mentres non acabe cos que teño, o cal é un gran paso, crédeme.

E así, a lo tonto a lo tonto, é viernes. E coma todos os venres… xa me ule á caña.

Apertas partout.

___________________________________

i know men are delicate
origami creatures
who need women to unfold them
hold them when they cry
but i am tired of being your savior
and i am tired of telling you why

Origami – Ani Difranco





All you people are vampires
All your stories are stale
Though you pretend to stand by us
I know you're certain we'll fail

Perhaps Vampires Is a Bit Strong But… -- Arctic Monkeys

jueves, febrero 09, 2006

Pouco que contar...

Que sería dun xoves sen escribir algo por aquí? Aínda que non teña unha vida emocionante nin nada que contar. Sempre o mesmo verdade? Que máis dá se esta semana perdo unha caipiriña ao pingpong no canto dunha caña aos dardos? O mesmo, o que vos dicía.

Pero ás veces é o mesmo pero elevado a n. Como os erasmus, que veñen en hordas pola oficina. Todos á mesma hora, todos facendo cola... E o que quedara de ontes queda para mañá porque non hai tempo material para facelo! Os estreses do meu curro, cada un ten os seus. A constancia no volume de traballo sería aburrida, supoño, pero estes picos de traballon acaban comigo.

E nada máis, meus queridos amigos. Mañá máis do mesmo. Subirei co mochilón ás costas para pillar oitocentos buses á Mariña e dar chegado á terra natal... pero logo cando saes da Espiñeira e ves o mar, ben que presta.

A coidarse. Chuchos all over. Prometo máis emoción en seguintes entregas ;)



Who am I to say this situation isn't great?
It's our time to make the most of it
How could we ever know that this would happen to
me, not that easy, no
All along the fault is up for grabs and there
you have it
Well it's for sale go make your offer, I'll sell it for
no less than what I bought it for
Pay no more than absolutely zero.

Absolutely Zero -- Jason Mraz

jueves, febrero 02, 2006

Show me the money!

Benvidos ao apaixoante mundo da becaria media, ese estraño ser que se está a reproducir a un ritmo vertixinoso pola nosa xeografía. No teclado, señores e señoras, un espécimen vivo.
Vivo e cabreado. Se cadra algún de vós me pode explicar por qué non vou cobrar ata marzo todo o que me deben e seguirán a deber (léase medio decembro e xaneiro, polo de agora). Poida que sexa polo grande beneficio de non cotizar? Ou o de non ter legalmente vacacións? (Si teño, gracias a deus, boas xefas que me dan tantos días coma aos traballadores “de verdá”). Eu aínda non o entendo ben, pero en canto saiba a quen lle poido soltar os rottweilers, que se vaia agarrando ao sillón de coiro con rodas porque vai saír voando Cabral abaixo.
Póñome de uñas, si, pero é que non me colle na cabeza. Aos funcionarios séguenlles a pagar, non lles paralizan as contas porque acabe o ano fiscal, pero a mín si. A nadie se lle ocurre pensar que eu tamén como? Claro, teño pais, que paguen, non? Total, como xa non cobro moito debe ser que non o noto. Pois si que o noto. A ostia. Non é tan pouco para alguén con poucos gastos, pero dáme pa’ vivir… se non cobro… Bueno, me l’expliquen, porque pa’ os pinchitos de “El Molino” e todos os actos protocolarios sempre hai pelas. Tou pensando que poido vender a impresora láser que mercaron na oficina co que “sobraba” do presupuesto… Ben vale o que me deben. E os intereses, fijo.

Inspiro. Respiro. Inspiro. Respiro.

Penso ZEN.

Como os trámites xa estaban feitos para cambiar de compañía de móbil, comprei o móbil novo. Un samsung destes con dúas cámaras, videollamada e non sei que máis. O importante: chama, recibe chamadas, e manda e recibe mensaxes. Home, bonito tamén é, eh. E pódeslle poñer musiquiña de verdá pa’ cando sona. A este paso, ben pode ter tamén ben de proteínas porque aaaaargh…

Inspiro. Respiro.

Penso ZEN.

Para axudar neste estupendo estado de estrés e ansiedade que me inunda, o meu fallo de cerebral de non ser capaz de decir que no xogoume un par de malas pasadas esta semana. Pero bueno, o Michi puido entregar a tradución a tempo e o Manfredi ten o curríuculum en francés. Eu teño sono.Tamén fun avanzando un pouco coa boa da unidade 2 do manual de inglés para recepcionistas e algo tamén do DEA.
A boa noticia entre todo o traballo: xente nova na oficina á que lle deron parte das miñas obrigas. Esto de delegar as tarefas menos gratificantes en becarias novas fai que o meu estatus de becaria media non pareza tan penoso. Pero como lles paguen antes cá mín aínda roio eu a alguén no canto de soltar aos rottweilers.

ZEN.

ZEN.

ZENTOCINCUENTA.

Mañá é venres. Iso xa vale por catro ou cinco pensamentos zen.
Vou pensar zen na cama (un xoves na casa? Si! E falta que fai!). B’s Noit’s.
I wish I had Paul Newman's eyes
and every day came with some suprise
I wish I had Paul Newman's eyes
that would be nice
Paul Newman's eyes -- Dogs Die In Hot Cars